Actualizado en data 20/11/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O río do esquecemento

O río Limia, ao seu paso pola comarca de Xinzo (Ourense), é tamén coñecido como Río do Esquecemento, ou río Lethes, que lle chamaban os romanos. Os antigos habitantes prerromanos dicían que a quen o cruzaba esquecíaselle todo. Cando as lexións romanas se achegaron á comarca da Limia cando invadiron Iberia, correu a voz entre as tropas do problema que ían ter se cruzaban o río. Segundo se di, negáronse a facelo e foi polo que un dos centurións tivo que armarse de valor e cruzalo primeiro para que o resto dos soldados se atrevesen a facelo.
Hoxe en día, no verán, hai unha coñecida festa en Xinzo para celebrar precisamente este feito, a chamada Festa do Esquecemento.

[Texto remitido por Jerónimo de Vicente de Vicente, Ourense]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: