Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 022: Beber para esquecer

O mito narrado, entre outros, polo P. Feijóo en “Cartas eruditas y curiosas” pon en relación o noso río Limia co mítico Lete ou Leteo, tamén chamado río do Inferno porque, despois de discorrer baixo terra emerxe de novo caudaloso como se tivese o nacente no Averno. Todos os mortos debían beber a súa auga para esquecer a vida terreal. 

Trátase por tanto da auga do esquecemento, a que fai perder a memoria a quen a bebe ou vadea. Iso dixo o historiador Floro que lle pasara a Décimo Xuño Bruto, o conquistador romano, cando lles pediu aos seus soldados que cruzasen as augas do Limia.   

Eles negáronse pois crían que era o Lete verdadeiro —téñase en conta a proximidade ao Finisterrae, por tanto ao Outro Mundo—, crendo que se o facían borrarían da memoria todo o vivido. 

Di o relato que primeiro cruzou o cónsul e desde a outra beira foinos chamando un a un polo seu nome demostrando que aquela auga non era a da desmemoria do río Leteo senón a do Limia. 

Na Divina Comedia de Dante o Leteo discorre desde o seu nacemento no Paraíso terreal ata o centro da Terra. 

«⇔»

Serie: Micromitos  Publicación:Nós Diario, 30 de setembro de 2020. 

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: