Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 013: Malverde alagada

No Boletín Nós, nº 46 (1927), en "Prehistoria e Folklore da Barbanza", F. López Cuevillas e F. Bouza Brey citan algunhas lendas relacionadas coa lagoas do Carragal (sic) en Corrubedo. O informante, Antonio González Bermúdez, fálalles de Malverde como cidade alí asolagada aínda que os autores aclaran entre paréntese (Valverde). O nome Malverde foi reproducido por, entre outros, Risco e González Reboredo.

Malverde é unha deturpación de Valverde, outro nome desta cidade mergullada que tamén se lle di Reirís, Sirves, Vertal ou Bretal, cada un asociado a unha lenda con matices ben interesantes.

Valverde como nome de cidade maldicida e asolagada cítase por primeira vez no Libro IV do Códice Calixtino onde di que Lucerna qui est in valle viridi (Val verde) é a única que se lle resiste a Carlomagno. Este pídelle axuda a Santiago quen, fabricando por maxia un trebón fulminante, afoga Valverde e converte os seus habitantes en negros peixes.

Volveremos a Lucerna, Valverde, Veria, Alcaián, Antioquía... e a outras cidades e vilas submarinas que hai en Galiza por maldita providencia.

«⇔»

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 17 de setembro de 2020.

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: