Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Cántara da Moura

Chámanlle así, Cántara da Moura, a un penedo erosionado e acovado que hai no río Corzos, afluente do Xares, ao seu paso polo lugar e parroquia do mesmo nome, concello de A Veiga (Ourense). A auga do río entra na cova e sae por unha porta feita polos mouros formando un breve cadoiro.

Trátase dunha cova na que se di vivía a Moura. De cando en cando víase no exterior, peiteando os seus louros cabelos cun peite de ouro. Cando pasaban por cabo dela as mozas que andaban coa facenda por aquel lugar, deixaba caer o peite ao chan. Se a moza que pasaba recollía o peite era premiada con ouro; se non o facía, quedaba alí petrificada.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: