Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO: Torralba do Ulla

CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO que Torralba do Ulla se mergullou por amor. O amante marchou á guerra e deixoulle á amada un encanto: un espello no que o vería chorando se morría ou se namoraba doutra.  A moza espiaba todos os días no espello e un día viu o mozo chorando.

Morrera ou botara outra moza? O espello non precisaba cal era a resposta; só bágoas.

A moza, no desespero, rompeuno. E de cada anaco do espello naceu unha fonte, e de cada fonte un río, e a cidade de Torralba somerxeuse e desapareceu baixo as augas. Torralba do Ulla tiña tres torres e unha igrexa de Santiago, con un apóstolo de ouro que falaba.

Non precisa don Álvaro a xeografía terreal desa cidade.

 

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: