A Fonte Santa dos Ánxeles
A Fonte Santa dos Ánxeles, concello de Melide (A Coruña) está situada detrás da igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles. Sobre o manancial érguese un cruceiro sobre unha plataforma, dende onde sae por tres buratos practicados na pedra a auga da fonte santa. Dende moi vello existe o costume de coller a auga desta fonte nunha botella e escoitar a misa do domingo na parroquial de Santa María dos Ánxeles (Virxe con moita devoción entre a xente da comarca). Despois utilízase esa auga para botala nas leiras para previr e paliar as pragas de vermes. Tamén dicían que era moi boa para os animais, para o campo e para as tronadas. O costume de ir pola auga aínda se practica actualmente os luns de Pascua (festa principal da parroquia).
[Información e fotografía de Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz, de Melide (A Coruña). Marzo de 2015]
BIBLIOGRAFÍA