Augas
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Ponte das Febres
San Telmo por aquel entón chamado Telmo, utilizaba unha vella ponte para ir visitar a súa amiga María Magdalena. Nunha desas visitas dise que cando Telmo regresaba ao seu fogar atopouse con que o lugar por onde el pasaba atopábase asolagado polas fortes chuvias propias do inverno. Como non había outro camiño tivo que pasar pola auga. O problema foi que logo enfermou gravemente, tiña moita febre (por aquel entón era unha enfermidade moi grave). Como estaba moi mal e non podía chegar ao seu fogar decidiu volver á casa da súa amiga María. Cando deu cruzado ao outro lado do río morreu.
Dise que dende aquela nese lugar permanece o espírito de San Telmo, que quere advertir á xente que pasa por aí que teñan moito coidado có río. Na actualidade esa ponte atópase nun tramo do Camiño de Santiago, e ao lado da ponte unha cruz na súa honra e que ten por tradición deixar unha pedra cada vez que se pase por alí.
[Información de Brais, Ribadelouro, Tui (Pontevedra). Marzo de 2015]