Augas
CATEGORÍAS RELACIONADAS
As campás da igrexa de Liripio
A igrexa de Liripio, concello da Estrada (Pontevedra), ten unhas campás máxicas que arredan o trono. Seica viñeron dun lugar chamado O Inferniño, que está onde desauga o Regueiro do Esqueiro no río Umia. Concretamente do Pozo de Uzal, onde hai unhas pedras con figura de campá.
Cóntase que foi un pastor de cabras quen, casualmente, as descubriu. Seica atou unha das cabras a unha raíz, e cando a cabra tirou soou unha campá. Parece que ten un son especial capaz de afastar as treboadas da parroquia. Por iso, en Liripio din:
Campaniñas de Liripio
cando empezás a tocar
nin que forás un feitizo
vai a tronada pro mar.
As campás da igrexa de Liripio, que son dúas, teñen estas inscricións. A grande é de bronce e di “ME HIZO JOSE LISTE. AÑO 1890”; e a pequena, tamén de bronce, reza “ME HIZO JOSE LISTE. AÑO 1841”.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS