Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970)

O polifacético e sempre hiperactivo Calros Solla presenta estes días unha nova publicación que leva por título O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos, Morgante (2014), unha completa e  atractiva historia da longa e convulsa biografía dun río  e dos seus arredores naturais e humanos.

A continuación copiamos as palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso que podedes ler ao completo no seu moi recomendable blog de crítica arbitraria e outros obxectos impresos que se chama Bouvard e Pécuchet

Xa que logo, documentado libro sobre o pasado recente e próximo do río dos Gafos pontevedrés e a súa zona, mais tamén sobre Pontevedra, especialmente da Pontevedra que, para ben ou para mal, se converte nunha cidade moderna desde os tempos da Restauración ao desarrollismo dos sesenta. Mais todo isto visto na súa historia miúda, na intrahistoria. Xa digo, asistimos ao devir histórico, grazas a este libro, identificados coa xente do común, que vía como chegaba o tren, se inauguraba a iluminación eléctrica, había un novo hospital provincial, mentres os caciques como Montero Ríos ou Riestra amañaban os seus palacios. Vemos, coma quen non quere a cousa, as angueiras cotiáns de franquistas como Filgueira ou Lis Quibén. Xa digo é moito o que achega este libro, porque, ademais, non opina sobre os feitos da nosa historia e os seus persoeiros. Simplemente os presenta, con testemuños escritos e gráficos abondos. Terá que ser o lector o que tire as consecuencias.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: