Rapaconas
Vimos un verme peludo (véxase fotografía) e dixo Lila, que é da Rigueira, Xove (Lugo): "Ese bicho é un rapaconas".
E explicounos que cando era cativa ás rapazas dicíanlles que tiñan que ter moito coidado de non pasar por riba deles porque podían quedar peladas por abaixo.
Este becho, eiruga ou verme, tamén se chama rapacús en Marín segundo Eligio Rivas Quintas: “Lagarta, gusano peludo, clase de oruga que devora la hoja de ciertas plantas
Cambiando de medio, curiosamente, ao peixe rapante ou meiga tamén se lle chama rapaconas en Viveiro e rapapelos nas Rías Baixas.
E á estrela de mar chámanlle rapaconas en Laxe, e rapacricas en Rinlo (Fernández Rei 2002: 184). Di (Ríos Panise 1977: 14) que “posiblemente aludían a la práctica de raerse los pelos frotando la piel con ejemplares de esta especia”.
[Texto elaborado coa información facilitada por Manuel Miranda (no referido ao insecto) e á bibliografía que se cita]
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS