Actualizado en data 12/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Os misterios da Fonte dos Mouros de Sillobre

As lendas, o misterio e os felgos cubren a fonte dos Mouros en Sillobre (Fene A Coruña). Ubicase nun lugar moi peado entre os lugares do Souto e do Balado. A fonte está formada por unha pedra labrada cunha cruz na parte superior e no centro ten un oco en forma de ventá, pola que sae a auga, que non cae ao chan, senón que desemboca nun sarcófago de pedra de gra, granito material propio da parroquia.
O veciño de Sillobre Andrés Picallo lembra que cando él era un neno, a rapazada bebia na fonte, camiño dunha escola particular ubicada no lugar do Balado. "Dicíase que alí estaba enterrado un mouro, pero nós bebiamos igual" afirma.
Segundo indica Maria Rivera no libro "Sillobre ven de antigo", unha lenda relata que un mouro atopouse no interior da fonte, dentro da pequena xanela situada debaixo do dintel. Outra versión indica que o sarcófago serviría para traer un rei mouro, atopandose o seu tesouro dentro da fiestra baleira. Unha terceira opción sinala que neste lugar está soterrado un rei mouro cun gran tesouro. O dia que resucite o compartirá co primeiro visitante da fonte. A fonte chámase Fonte dos Mouros, do Asturiano ou do tesouro. Non se sabe a ciencia certa a época na que foi construida. O topónimo "Mouros" é relativamente frecuente en toda Galicia. Os estudos etnográficos relacionan esa denominación con seres máxicos e míticos, ainda que hai quen os relaciona cos vikingos que invadiron periódicamente as costas galegas nos séculos IX, X e XI.
[Texto e fotografía extraídos con licenza da web de (Radiofusión)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: