Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fonte da Nosa Señora, en Beariz

Na parroquia de Beariz, concello de Beariz (Ourense).

No Val do Chau hai unha fonte case milagreira. Chámanlle a "Fonte de Nuestra Señora". Nace nunha pequena pendente e corre mainiñamente entre os coios de seixo. Somente ten auga dende mediados de outono ata comenzos de verán, que chega a estiñar completamente. E unha auga media morna, dunha suavidade extraordinaria, que ó bebela, un sente non só que apagou a sede, senón tamén o ben-estar que deixa a suavidade coa que se desliza pola gorxa. Hai unha lenda que di que nese lugar se lle apareceu Nosa Señora a unha mulleriña, e onde a Virxe puxo os pés, agurgullou a fonte.

[Xesús Antonio GULÍAS LAMAS, « As fontes da parroquia de Beariz», en O Quince, 1993].


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: