Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ríos Santiago e San Lourenzo

Na parroquia de Remesar, Bóveda (Lugo), entrecrúzanse o regato de San Lourenzo e o río Santiago.
Neste lugar facíase en tempos unha romaxe e a xente bañábase nas augas do río Santiago o 25 de xullo e nas do regato de San Lourenzo o día 10 de agosto pois críase que eran bos aqueles baños para a saúde. Mesmo se fala dun mozo de Remesar que non era crente e que unha vez que se puxo enfermo a nai levouno ós baños do río; e alí aparecéuselle a imaxe do mesmísimo Santiago.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: