Augas
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A arca de San Tirso
Onde chaman Súaigrexa, enfronte da illa de Cal, en Portocelo, Xove (Lugo), e cando baixa a marea, pódese ver unha barca de pedra que é proba dun milagre de San Tirso.
Uns din dun marqués que vivía na illa de Sarón e tiña por costume irlle rezar ó San Tirso que había nunha capela da que hoxe só quedan algunhas ruínas en Portocelo. O caso é que un día o marqués botou rezando máis tempo do habitual e cando quixo ir pola barca para cruzar o mar ata a illa, a barca xa era de pedra.
Outros, en cambio, aseguran que foi o mesmo santo o que chegou polo mar nun barco que encallou entre as rochas e xa quedou petrificado. Confirma esta opinión a existencia de pegadas do mesmo santo naqueles cons.
Fotografía: Xentileza da As. Cultural Mariñapatrimonio (► MARIÑAPATRIMONIO)
BIBLIOGRAFÍA