Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Castelo da Lúa

As ruínas do castelo medieval chamado Castelo da Lúa están no lugar d’O Pazo, parroquia de Taragoña, concello de Rianxo (A Coruña), xunto á Praia da Torre ou A Salgueiriña, na mesma desembocadura do río Te.

Lendas: Versión 1
Xa hai bastantes anos un mozo moi galán de Rianxo e unha moza de Taragoña víanse tódalas noites. Para poderense ver tiñan un pasadizo que comunicaba as dúas beiras do río Te.
Os seus pais non estaban de acordo coa unión destes dous rapaces; por iso, un día pola noite, cando os dous mozos se ían ver polo pasadizo, cada parella de pais tapoou a saída maila entrada, quedando así atrapados os namorados.
Dende aquela hai un pozo moi profundo no desembocadura e mais no nacemento do río, un deles aínda non se sabe hoxe canto ten de profundidade.
As ruínas do castelo podense ver aínda hoxe, pola banda de Rianxo.

Lendas: Versión 2
Ao parecer, o ano pasado un home ao nadar cerca diso viu uns relampos de 'frechas ardendo', e púxose a investigar. Enpezou a buscar documentos e descubriu que:
Nese castelo vivía unha fermosa muller que estaba namorada dun home pobre. Un día pola noite quixeron marchar nunha 'patela', pero o señor feudal mandou que os mataran a frechas. Deronlle ó mozo, de tal forma que a rapaza, de tan desesperada que estaba, arrimou a embarcación a unha pedra onde morreron. Alí estiveron 40 días, e ninguén os puido axudar.Esa pedra chámase a “Pedra dos namorados”.
Un señor dos USA comprobou que era certo, xa que na rocha hai restos humanos petrificados.
Para máis imformación mirade o libro da Guadalupe (Programa de Festas da Virxe de Guadalupe?) do concello de Rianxo, onde volo contarán con máis detalle.

[Informantes anónimos. Maio e setembro de 2007]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: