Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A fonte do ouro de Cotá

Na memoria dos veciños de Cotá, concello de Friol (Lugo), pervive a historia que fala da "Fonte do Ouro", con lixeiras variacións.
Hai moito tempo, había unha fonte que era da que se tomaba a auga para Cotá --"agora non hai rastro dela"-- e dela cóntase que había alí unha galiña cos seus poliños e que un veciño tapounos cun manto que lle deran na misa e a pita e os pitiños convertíranse en ouro.
Outra versión di que "saían unha pita cos seus pitiños da cor do ouro. Cando os veciños intentaban velos, agochábanse na fonte. A xente ía mirar nela, pero alí non se vía nada, só a auga nacer"
A primeira versión recollémola do traballo "Prospeccións no Concello de Friol (I) Mámoas e Folclore arqueolóxico" de J. F. NÚÑEZ JATO e L.RODRÍGUEZ VARELA, publicado no nº 6 da revista Croa.
A segunda recolleuna Lucía Cabado que lla contou a súa avoa Oliva Pena ( 75 anos), da Rexidoira, Cotá.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: