Augas
Pozo de Teixeira
Na aldea de Teixiera, concello de Baralla (Lugo), fálase da existencia dun pozo misterioso que atrae a xente e gando cando se achegan.
Unha vez tragou unha muller cando andaba na procura de pirixel polos arredores e doutra volta enguliu un boi cando pacía por alí.
Buscamos e preguntamos polo misterioso pozo nos tres lugares chamados Teixeira pertencentes ao concello de Baralla: Teixeira (Arroxo), Teixeira de Arriba e Teixeira de Abaixo (Penarrubia), pero ninguén tiña memoria, a non ser que este pozo sexa un burato húmido que hai en Teixeira (Arroxo), nun prado por enriba do río, no que unha vez caeu unha ovella e nunca máis se soubo dela.
BIBLIOGRAFÍA