Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A serpe mariña do Coído de San Cibrao

Á enseada de Coído, en San Cibrao, concello de Cervo (Lugo) achégase cada sete anos unha xigantesca serpe para poñer os ovos. Mide arredor de trinta metros.
Os que a viron din que ten a cor vermella e que a súa pel brilla por mor do sal; as escamas son coma as cunchas dos mexillóns.
Devora todo canto se lle pon por diante e se atopa un barco, enróscase nel ata desfacelo e engulir os mariñeiros un por un, comezando pola cabeza.
Tamén se pode mover pola terra pero é menos agresiva. Se alguén a espía e ela o percibe, perségueo ata devoralo a el, a súa familia e a súa facenda. Todo o mundo sabe en San Cibrao que se ven a serpe hai que gardarse: os pescadores foxen e os pastores levan os seus rabaños a paraxes alonxadas do mar. A serpe, ademais, avisa da súa chegada. Come algunha ovella e vai deixando ó chou montóns de lá polos camiños.
Discuten algúns que a serpe vén cada nove anos e non cada sete; outros afirman que vén máis veces, e aínda din que non hai só unha serpe, senón varias pois de tantos ovos como debe levar postos algúns darían nacemento a novas serpes coma que disque hai no encoro de Riocobo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: