Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

Orixe mitolóxica da saga dos Mariño (II)

...é continuación de Orixe mitolóxica da saga dos Mariño (II)

Existen diferentes contos ou lendas sobre a orixe desta estirpe. Dos Mariño decíase:
1- Son fidalgos principais de Galicia, co que se quería dicir que viñan dunha muller que foi criada no mar, que tiña escamas coma un peixe, que era de fermoso rostro, e que un fidalgo daquel reino tomouna no seu poder e que quitadas as escamas casou con ela.
2- Don Leandro Carre Alvarellos describe na súa espléndida obra Las leyendas tradicionales gallegas" os orixes lexendarios deste linaxe que nos ocupa.
Naqueles tempos do feudalismo, alá polo século XIII ou XIV, vivía un conde chamado Froilán, que habitaba nun imponente castelo. Unha mañá que camiñaba pola aba dun monte preto do mar, albiscou xunto ás rochas da praia o corpo dunha muller, cheo de curiosidade. foi achegándose silenciosamente.era unha serea.
Unha vez instalada no seu castelo, vestida como cumpría na época e atendida por varias doncelas, don Froilán fixo que a bautizaran, e como saira do mar e no mar a encontraran, considerou que ningún nome lle viría mellor que o de Mariña.
Don Froilán casou coa serea da que tivo un precioso meniño ó que chamaron Xoan, logrando despois de numerosas peripecias que a súa acuática nai, por fin, se adaptara á vida terrestre.
3- Antonio Torquemada en 1570 dinos que os Mariño descenden dun destes tritóns: andando unha muller pola ribeira do mar, dunha espesura de árbores saíu un home mariño en terra, e tomándoa pola forza tivo relacións con ela.e este home ou peixe voltou ó mar e aparecia moitas veces no mesmo lugar a buscar a dita muller, pero sentindo que lle poñían trabas e intentaban prendelo, desapareceu.
Cando a muller alumbrou, ainda que a criatura era racional, non deixou de traer sinais en si mesmo, polo cal entendeuse que era verdade o que decía a muller que sucedera co tritón.
4- Fai anos noutro conto se dicía que: Don Roldán, brazo dereito de Carlo Magno, despois de ser dado por morto nunha batalla contra dos Sarracenos que lle prepararan unha emboscada, o cabaleiro francés decidiu facer o camiño de Santiago para dar grazas ó señor pola milagrosa curación das súas feridas.
O recorrido debeu de ser duro e as vicisitudes do camiño exemplarizantes para este nobre acosmado ós luxos da corte imperial e ós laureles da victoria.
Como único equipaxe Roldán levaba nas súas costas un "olifante", o mesmo que puxera sobre aviso da emboscada a Carlo Magno que finalmente logrou derrotar ós Sarracenos na batalla de Baligant.
Nada mais chegar a Santiago de Compostela o fidalgo peregrino póstrase ante o apostol ó que promete abandoar definitivamente das armas, anunciándolle que se vai recluir nunca illa que leve o nome de Salvador. Mariñeiros de Carril trasládano a Sálvora donde inicia unha vida de ermitaño ata cun dia que o sol lucía en todo o alto, mentras Roldán camiñaba pola praia que hoxe coñécese coma a do "Almacen", encontrouse cunha fermosa serea da que quedou namorado.
A serea correspondeulle ós seus amores e froito desa paradisíaca unión naceu un rapaz que pasados os anos fundaría a saga dos Mariño.
Dise que en noites de temporal se escoita nas inmediacións da illa de Salvora un estridente sonido que avisa ós mariños dos peligros que en forma de amenazadoras rocas, acechan ós barcos que navegan nesas augas, producido polo "olifante" que Roldán trouxo consigo de Francia.


[Texto remitido en maio de 2008 por Antonio Ferrerr Moreira e elaborado polo alumno Marco Vázquez Losada. Pódese ler tamén na web do(Pontevedra)CEIP da Seca- Isidora Riestra, de Poio (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: