Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Orixe mitolóxica da saga dos Mariño (I)

Debuxo de Faustino Hucha Alvariñas

Entre os seres míticos que habitan os mares, os gregos inventaron homes e mulleres capaces de vivir nas augas. A península do Peloponeso rodeada de illas entre as azuis augas do cálido Egeo, é lugar ideal para crear e para crer.
Cando Ulises o protagonista da Eneida (a máis grande epopeia mariña xamais contada) se enfrontou ás sereas á volta da guerra de Troia, soamente a astucia o preveu das súas malas artes, xa que resulta fácil caer na tentación cando as cousas veñen mal dadas ou se estancan permanentemente na mediocridade cotiá.
Coas sereas pasa un pouco como coas meigas na Galiza, pois aseguran que "habelas, hainas, o caso é dar con elas", e o pobo galego ten unha especial idiosincrasia moi envorcada cara ó mar, para ben ou para mal. En Galicia contamos cunha grande cantidade de narracións sobre estas criaturas, medio humanas medio peixes, onde se mesturan as sereas anunciadoras de mortes, con sensibles ninfas namoradas que chegan incluso a ser proxenitoras dunha larga saga que aínda perdura na nosa terra. Unha das máis interesantes e que é condición "sine qua non" é a que fai referencia ó nacemento na illa de Sálvora (Aguiño, Ribeira, Coruña) da estirpe dos Mariño.
A illa de Sálvora que defende a boca da prodixiosa ría de Arousa, a máis grande e produtiva das Rías Baixas, ten unha lonxitude de 2.400 metros de norte a sur e 1.600 de este a oeste.
Un pazo que foi fábrica de salazón, unha ermida que anteriormente era taberna e tenda de comestibles, unha aldea deshabitada composta de non máis de 7 casas a ambos lados dunha especie de praza rectangular ó bordo mesmo do mar, e un pequeno peirao onde se resguardar dos temporais, ademais dun faro de primeiro orde e numerosas historias de naufraxios, son algúns dos atractivos que ofrece a ínsula, todo elo presidido pola presenza da sempre eterna serea, labrada en pedra oceánica, fundadora da saga dos Mariño, obra do xenial escultor Ismael Ortega Martín, que se encontra sobre unha rocha á vista de todos aqueles que aborden a illa de Sálvora.

Unha placa colocada na súa base acláranos o por qué de tal monumento:
A serea de Sálvora tivo amores cun cabaleiro romano naufragado na illa. Dese amor naceu un rapaz que se chamou Mariño. Un descendente: Joaquín Otero Goyanes, Marqués de Revilla, mediante esta obra quixo perpetuar a sua memoria.

...continúa en Orixe mitolóxica da saga dos Mariño (II)

[Texto remitido en maio de 2008 por Antonio Ferrer Moreira e elaborado polo alumno Marco Vázquez Losada. Pódese ler tamén na web do (Pontevedra)CEIP da Seca- Isidora Riestra, de Poio (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: