Augas
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Santa Comba de Covas
Esta é a ermida de Santa Comba,na praia do mesmo nome,parroquia de Covas,no concello de Ferrol.
Cando sube a marea,a ermida queda nun illote,dende o que hai unha fermosísima vista dos penedos chamados Os Cabalos,en fila na punta de Cabo Prior.
Segundo as lendas que contan @s anciáns do lugar,a esta praia (Sta.Comba),chegou a santa nunha barca de pedra,acompañada por San Xurxo ,que quedou nunha praia perto desta, que leva o nome do santo.Tamén segundo lendas orais,a santa era antes unha meiga –malísima- pero atopouse con Xesucristo no seu devagar polo mundo e este ameazouna:
—Enmeigar enmeigarás, pero no meu reino xamáis entrarás”.
Esanta Comba non só se arrepentíu , senón que se volveu tan boa que chegou a santa. Aínda que algo de meiga lle quedaría para poder navegar en barca de pedra,non si?
[Enviado por Maribel Serantes en abril de 2008]
Ver mapa máis grande.