ÁREA RE-CREATIVA
O meu can tiña tres cabezas
O meu can tiña tres 
cabezas 
e chamábase Ortro.
Iso diríao se eu fose 
Xerión. 
Tamén tería coma sombreiro
unha torre,
porque eu sería Hércules.
Pero iso foi un soño.
O meu can chamábase
Lueiriño
porque era fillo do
Lueiro,
aquel can tan fero 
de Pepa a Loba.
Eu seino porque
mo regalaron no 
Carrizo,
preto de Vilalba.
Unha vez pasou por alí
Pepa a Loba
cos seus doce homes
e mentres se enfrontaban
á banda de Xan Quinto,
o seu can
deixou preñada
unha cadeliña 
peregrina
que pasaba por alí.
Se vedes o meu can
non lle miredes 
aos ollos
ás veces bota lume
por eles
e 
pola boca.
Non mires!
Non mires!
-din que dicía 
Risco 
que 
dicían
en 
Viveiro-
Texto: Vicente Piñeiro González
Lugar da lenda: O Carrizo





				                
 
			         
