Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] Capar o río

De seguro que todos vós xogastes algunha vez a capar o río aínda que pode ser que non lle chamárades dese xeito. En Navia de Suarna cuando era neno podíamos botar horas xogando e era mui entretido. Como nas marxes do río Navia hai muita cantidade de pedras, e muitas delas son perfectas para practicar o xogo que como muitos saberedes consiste en guindar unha pedra pequena de forma plana mui a rente da superficie da auga de maneira que dea botes. Gaña o que mais botes dea, aínda que en ocasións non é posíbel contalos. Probade e veredes que é divertido irlle collendo o tranquillo. Cuando vou a Navia, aínda cos meus anos, paso muito tempo capando o río cos meus fillos.

[Remitido por Marcos Seixo Pastor, de Cuntis (Pontevedra). Xogo recollido en Navia de Suarna (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Fai uns meses que busco o nome deste xogo que en castelán chámase "a cabrita ou salto de la rana". Por fin poño o nome no me Dicionario fluvial na palabra asolagar ou asuoulagar e poño outra dedicada o xogo de "capar o río". Gracias a Marcos Seixo e por suposto A Galicia Encantada da que teño collido prestadas moitas cousas para a miña páxina : Os ríos galegos.

Enviado por Secundino Lorenzo o 15/05/2022 ás 10:24:44


Enviar comentario a este artigo: