Xogos

[Xogo] O lobo
Un rapaz facía de lobo e os outros que houbese enganchados coas mans pola cintura escapaban pero sempre sen se poder desenganchar.
O lobo, se podía, ía collendo un a un ata que non quedase ninguén. Este xogo facíase cando se ía coa facenda.
[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]