Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] A cocha

Facíase un follo na terra redondo e algo grande, preparaban un carrocho redondiño do tamaño dun puño e collían cada un o seu pau, a modo de caxato.
Poñíase o carrocho - a cocha- no campo e un tentaba de metelo no follo e outro procuraba non llo deixar meter:
—¡Vai pr'alí,cocha!
Unha vez conseguido o obxectivo, iniciábase o xogo novamente.
A esto xogábase mentres se estaba co gando nas brañas.

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: