Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] A Vaca

Poñíase un rapaz a catro patas e tapábano cunha manta por riba. Despois collían un neno pequeno como que era a cría e botábano mamar á vaca, e cando saía de mamar dábanlle cun guisopo que estaba untado de cinza do forno ou calquera outra cousa noxenta.
Facíase igual que cando deixan de mamar os xatiños, que se lles dá algo para que vaian de gana para a corte –arrollar os xatos-.

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: