Xogos
[Xogo] A Mariquita
Fórmase unha roda e métese dentro á "mariquita", que é unha rapaza. Fóra da roda está un rapaz cun cinto. Este, pregúntalle á “mariquita”:
—¿Que fas aí, mariquita?
Esta responde:
—Estou facendo unhas poucas papas adobadas con leite de cuza (cadela) para vostede.
Contestáballe o de fóra:
—¡Ah, guarra!—e intenta darlle co cinto.
Mentres, os que forman a roda tratan de abrirse o máximo posible, sen soltar as mans, para impedir que este lle dea á “mariquita”.
[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]