Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] O arrincanabos

O xogo consiste en que un rapaz (o arrincanabos) tentará levantar ós compañeiros que están encadeados no chan uns ós outros pola cintura. Estes, agarrando con forza, tentarán impedir que o "arrincanabos " os arrinque.

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

En Pontedeume (Coruña) tamén se xogaba e tiña o mesmo nome, e se berraba entre todos: Arrincatenabos, Arrincatenabos! ate que se "arrincaba" un a un a todos os nenos.

Enviado por Cristina Garabana o 10/02/2010 ás 12:54:52


Por Ourense( Valdeorras) samámoslle o Arricacebolas

Enviado por Irene o 05/10/2011 ás 19:02:39


Enviar comentario a este artigo: