Xogos
[Xogo] A brasa
Collíase unha brasa do lume acesa e metíaselle unha agulla. Tamén se podía espetar cunha vara dun alfinete.
Coa axuda dun fío, a brasa poñíase nun sitio alto e situábanse dous contrarios a porfiar entre eles, a soprar a brasa un para un lado e outro para o outro, tentando de non se queimar un e queimar ó compañeiro.
[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]
COMENTARIOS ENVIADOS
Gracias a toda a organización desta páxina que me fixo lembar todos aquelas lendas antigas que a miña avoa contávame.