Actualizado en data 19/11/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] O correzapatín

Fórmase unha roda de nenos e nenas. Un entraba dentro do corro e os demais, que estaban sentados, tiñan unha alpargata ou unha zapatilla agachada e, o que estaba dentro, tiña que localizala.
Entrementres, os da roda podían darlle algunha losqueada coa zapatilla ó que a estaba buscando.
A zapatilla tiña que ir pasándose dun a outro ó berro de:
—¡Correzapatín!
Ás veces facíase trampa e en vez de haber unha soa zapatilla había algunha máis.

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: