Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] O avión

Colocábanse dous rapaces e collían ó " avión" outro rapaz polos brazos e erguíano coa axuda do cuarto participante.
Este metía a súa cabeza entre as pernas do "avión" co que o rapaz que facía de "avión" quedaba completamente no aire sustentado polos outros tres compañeiros.
O "avión" tiña atadas as pernas polos nocellos cunhas cordas, polo que "a roda do avión", o cuarto xogador, non podía sacar a cabeza de onde a tiña.
Unha vez colocados os de diante empuxaban para un e outro lado facendo que "a roda" metese os fociños no cu do "avión".
Ás veces, ó rapaz que estaba arriba, mandábanlle sacar o cinto dos seus calzóns. Entón o xogo era algo máis arriscado para o que facía de "roda".

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: