Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] O grilo amarelo

Para este xogo cumpría un goxo grande co que se puidesen cubrir catro ou cinco nenos. Os participantes espíanse da cintura para arriba quedando en porreta.
O que dirixía o xogo dicía:
—¡Grilo marelo vénte ó peselo!
Os xogadores metíanse debaixo do goxo e así non podían ver nada.
Nese momento collíase un caldeiro de auga fría e botábaselle ós que estaban cubertos polo goxo.
No duro inverno abrasábase un.

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: