Xogos
[Xogo] O avogado
Consistía en facer o rito para ser avogado. Ó rapaz elixido tapábanlle a cabeza cunha toalla para que non vise nada e mandábanlle sentar nun meso.
Entón, un dos outros chegaba onda el e dicíalle:
—¡Diga usted como yo!
Nese momento o futuro avogado tíñase que por de pé e responder:
—Si, ¿por que no?.
Para a continuación sentar.
Este proceso repetíase varias veces ata que o "avogado" estaba soamente preocupado pola dinámica do xogo e, nese momento, cando estaba en pé para contestar á pregunta do examinador, os compañeiros cambiábanlle o meso por unha tina de auga na que sentaba e mollaba a roupa e...o cu.
[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]