Xogos
[Xogo] O rabo do corzo
Os que estaban confabulados poñíanse de acordo para seren os protagonistas.
Un facía de corzo e atábanlle uns brincallos a xeito de rabo de corzo. Era de palla e estaba manchada, canto máis mellor .
A outros dous tocáballes o papel de cuzos (cans) perseguidores para correr tralo corzo.
Os demais, entre os que estaba o destinatario da traxugada, situábanse formando un corredor por onde ía entrar o corzo e tiñan que estar atentos porque o que agarrase ó corzo polo rabo era o gañador.
Está claro que o gañador o que conseguía era poñerse perdido.
As veces o "protagonista" enrabechábase e ensuciaba tamén ós compañeiros de xogo co "rabo do corzo".
[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]
COMENTARIOS ENVIADOS