Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Xogo] Lobo meigo

Xogo do lobo meigo. Xogo de nenos. Un neno fai de lobo, outro de pastor e o resto de ovellas.
Os que fan de ovellas póñense en fileira co pastor diante. O que fai de lobo ponse en fronte deles e remexe no chan cun pauciño.
—Que fas aí, lobo meigo?—pregúntalle o pastor ao lobo.
—Tou buscando unha agulla ferrugente que me perderon os teus fillos. Mal morte chos leve antes da noite!
—Queres que che axude a buscala?
—Anda o teu camín e cala.
O lobo bótase ás ovellas, que están agarradas unhas ás outras, e o pastor deféndeas. Todas intentan safarse ata que unha cae nas pautas do lobo e pasa a substituír ao lobo.

Variante (en Paíme, Xan Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín, Lugo)
—Que fas aí, lobo meigo?
—Mexando detrás dese palleiro.
—Rabexar, rabexar, mentres o lobo vai mexar.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: