Xogos
Enredos
Título: Enredos
Editorial: Museo do Pobo Galego
Ano de publicación: 1992.
Lugar de publicación: Santiago de Compostela.
I.S.B.N.: 84-604-4186-5.
Autora: Xoaquín LORENZO FERNÁNDEZ.
Descripción: 34 páx.
Colección: Serie Alicerces 2.
[Da Presentación]
En 1958 Xaquín Lorenzo (“Xocas”) publicaba “Enredos” na Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, Tomo XIV, cuaderno 3º, pp. 268-293, de Madrid. Este interesante traballo, ilustrado con 48 debuxos tamén da súa autoria céntrase nos enredos, ixolas ou xoguetes dos nenos. Moitos anos despois, en 1981, reeditouno “O Ensino”, pero esta vez en galego. O texto que se reproduce é o publicado na revista ourensá, respectando escrupulosamente o seu galego, xa que así o desexaba o autor, coma o manifestou algunha vez.
.... Con señardade lembramos as horas que pasamos botando “foguetes” e “bombas”, mentres os avós e pais segaban os xuncos da lagoa: pun, pun, pun, ... pan. Sempre eran de varios estalos, e remataban con unha ou dúas bombas de palenque. Como se pode comprobar nas páxinas que seguen, anque separados por moitos quilómetros, nós faciamos o mesmo que os nenos de D. Xaquín.