Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] Cocho branco

Xogo de nenos. Os nenos póñense en curro, dentro do curro sitúase un neno e fóra outro cun mazuco feito de palla. O de fóra, o do mazuco dille ao que está dentro:
—Sae ao campo, cocho branco!
O de dentro sae e o que está fóra síguelle a preguntar:
—Onde van cen parellas de bois e de vacas que che entreguei hoxe?
—Unhas cominas, outras bebinas e a meu amo fodino—responde o outro.
Entón, o do mazuco corre tras del arredor do curro, dándolle, se pode, mazucadas. Despois de dar unha volta, o que vai diante intenta meterse dentro do curro aínda que os que están na roda tratan de impedirllo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: