Xogos
[Xogo] Ás Cirindainas
Xogo tamén coñecido como ás Tirandainas, Tirindainas, ás Tinguilingainas, Magadaina, á Zamporretaina, Toletina, Toletaina e Diridama.
Xogan dous e consiste en adiviñar o número de cousas (fabas, garavanzos, pedras...) que o outro ten na man. Un colle unha puñada e di:
—Ás cirindainas!
—Abre o puño e dámas!—responde o outro.
O que ten as cousas na man abre o puño para péchalo rapidamente e preguntar:
—Sobor de cantas?
O outro responde o que lle parece.Se atina, quédase con todo; se non acerta ten que pagar a diferencia entre as que son e as que dixo.
Poden fixar previamente o número de tiradas e facelas seguidas, primeiro un e despois o outro, ou alternalas. Tamén poden acordar que o que perda pague algunha consumición.
BIBLIOGRAFÍA