Actualizado en data 19/10/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

Arrincantenabo (xogo)

Arrincanabos. Sentan no chan os que xogan, coas pernas abertas e estendidas, de maneira que entre as de cada un poida sentar o seguinte. Os de atrás suxeitan forte aos de adiante pola cintura.

O que panda queda de pé e tira do primeiro dos que están sentados, e intenta erguelo, aínda que é complicado pois está ben suxeito polo que lle segue, e este polo seguintes

O que panda, mentres tira con forza, di:

Arríncate, nabo!

Ao que lle responde o outro:

Non podo, que estou sentado!

Insiste:

Arríncate, codeso!

Non podo, que estou teso!

E volve a insistir:

Adarríncate!

Se o consegue, repite exactamente o mesmo cos seguintes. Se os ergue a todos, gañou e acaba o xogo.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: