Xogo: As abelliñas do mel
Xogo de nenas.
Cóllense da man varias nenas, facendo círculo ou roda e comezan a dar voltas, ao tempo que cantan:
As abelliñas do mel,
e de mel, e de meluro,
que se volva (fulana) de culo!
E a tal fulana requerida dá a volta, e segue a roda cantando:
As abelliñas do mel,
e de mel e de melacho
que se volva (fulana) de culacho!
Segue a roda ata que se van virando todas as que xogan. Entón, dialogan así:
―Que hai naquel tellado?
―Un gato esfolado.
―Que hai naquela artesa?
―Unha vella tesa.
―Que hai naquela escaleira?
―Unha vella peideira.
―Que hai naquela buratiña?
―Unha campaniña.
―E, como fai?
E contestan todas:
―Tilín, tilín, tilín.
Mentres que se dan cuadas unhas a outras.
E rin, e volven a comezar se queren xogar máis.
***
Nota: Tomado de Rodríguez 1958: «Abelliña»
BIBLIOGRAFÍA