Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Burlas de Entroido: Os cichotos

Chámanse cichotos uns artefactos que serven para cichar ou xiringar un líquido. Usábano no Entroido os rapaces de Cotobade, segundo conta Antonio Fraguas[1].

Elaboración: Precísase unha cana, a do rabo dunha vasoira por exemplo, e córtaselle unha anaco que conteña dous nós, e despois fánselle tres buratos entre os dous nós. Prepárase un pau e axeitase para que entre e saia na cana como un émbolo, e a este pau póñenselle diante estopas para que ao mover o émbolo faga baleiro dentro da cana. Así, se metemos o cichoto nun recipiente ou pozo con auga co émbolo metido ata o fondo, ao facerlle retroceder vaise enchendo  de líquido e só queda esparexelo contra quen queiramos.

Uso: Así armados presentábanse os mozos das parroquias do sur de Cotobade onde houbese xente. Facíano o domingo de Entroido, preferentemente no adro das igrexas á hora da misa. Atacaban preferentemente a mozas e mulleres, tamén a outros mozos e homes xa feitos, ata que todos, atacantes e atacados, acababan con molladuras espectaculares. Cando o líquido, ademais de auga, contiña outras sustancias lixosas, imaxinen vostedes o resultado.

As vítimas, e estaba ben visto permitido, devolvíanlles a broma dándolles golpe ou tirándolles das orellas; por iso ningún cichoteiro se queixaba.

O que non toleraban, pois considerábano un desprezo e unha vergoña, era que lles quitasen a arma, o cichoto. Segundo Fraguas o costume de mollar a xente polo Entroido cos cichotos xa desaparecera en 1930.

 

[1] Fraguas 1930: 86-87.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: