Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

O xogo da tixola

Nas festas patronais do barrio de San Lázaro, Mondoñedo (Lugo), do ano 1956 xogouse a este xogo, concretamente na primeira hora da tarde do luns, día 2 de abril.

A preparación consitía en apegar con pez unha moeda  ao cu dunha tixola ben lixada  de sarrio ou borra. Poñíase un cordel horizantal e amarrábase outro ao mango da tixola, para facer que esta subise e baixase tirándolle do cordel que se se apoiaba sobre o cordón posto en horizontal.

O xogo consistía en que o mozo competidor intentase coller coa boca a moeda, operación que complicaba quen manexaba o cordel da tixola (un adulto na foto) subíndoa e baixándoa. Beizos e cara do ousado soían acabar tisnadiños de todo.

Información do xornal “Mondoñedo”, publicación editada pola sociedade “Amigos da Cidade de Mondoñedo”, nº 85, xuño, 2008, páx. 5.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: