Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

REVISTA (ISSN 1887-2859)

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 16 (2020): ARRIBAS ARIAS, F., BLANCO PRADO, J. M. e SAAVEDRA, M.: Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros, cristos e cruces de Abadín

A nivel histórico, cómpre lembrar que coas excepcións de Manuel Murguía, Bernardo Barreiro, Nicolas Tenorio, Pérez Ballesteros e Uxío Carré Aldao, a intelectualidade galega de finais do XIX e comezos do XX, permaneceu indiferente diante da riqueza artística, relixiosa e etnográfica dos cruceiros. Por no recordar o artigo que no ano 1887 publicou no xornal madrileño “El Imparcial”, dona Emilia Pardo Bazán e no que consideraba as cruces de pedra, os cruceiros e os petos de ánimas, meros “fetiches”que ofendían a fina sensibilidade relixiosa da señora condesa.

Castelao, na súa obra “As cruces de pedra na Bretaña”, de 1930, manifesta o seguinte: “Na Bretaña, como na Galiza, os cruceiros van derrubándose a eito, sen seres estudados tansiquera. Os cruceiros serviron de fondo escenográfico a léndas e contos enxebres; pero foron dispreciados polos cabezaleiros da nosa cultura. Arredados da materia arqueolóxica e folklórica, chegaron ós nosos días co creto artístico, e aínda relixioso, mingoado de todo”. Polo tanto, Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, están a traballar, precisamente, para combatir todo o que Castelao denunciou. Desta maneira, o traballo que estes investigadores veñen facendo desde hai varios anos é buscar, rebuscar, situar, fotografiar, estudar e catalogar estes elementos artísticos da Terra Chá para ensinarnos ónde temos parte no noso patrimonio cultural e cómo é ese patrimonio. Ademaís, estes investigadores pretenden con este labor evitar a destrucción, expolio e desaparición dos cruceiros unha das asignaturas pendentes desta sociedade, que nos tocóu vivir.

Finalmente, os devanditos investigadores tamén están a traballar no estudo e catalogación dos cruceiros chairegos como admiración, homenaxe e recoñecemento á dinastía dos Carboeira. Unha familia de canteiros que, durante cinco xeracións, encheron a comarca de Vilalba, e unha grande parete da Terra Chá lucense, desas cruces, que hoxe nos resultan indispensables para coñecer a nosa propia historia.


 Extracto  do “ Prólogo” realizado por Ernesto. S. Pombo para o Libro Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos, Cruces e Esmoleiros de Abadín (Lugo).PDF


(PDF)


 

 

ARRIBAS ARIAS, F., BLANCO PRADO, J. M. e SAAVEDRA, M.: Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros, cristos e cruces de Abadín


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: