REVISTA (ISSN 1887-2859)
nº 16 (2020): BLANCO PRADO, J. M.: Ciclo do maio na provincia de Lugo
Publicado anteriormente en Revista Lucus, nº 45, ano 2000.
Autor: José Manuel Blanco Prado
A duración deste ciclo comeza a mediados do mes de abril e remata a mediados de maio, aínda que algúns autores tentan unilo coa festa do San Xoán. Neste tempo hai manifestacións de tipo preventivo, propiciatorio e festivo. As preventivas teñen como finalidade previr e arredar todo aquilo que poida resultar prexudicial para a facenda e os seus integrantes. As segundas tentan favorece-lo benestar da casa por medio das boas colleitas, da procreación dos animais etc,. Finalmente as festivas teñen como motivo celebrar a fin do inverno e o comezo do bo tempo, simbolizado pola primavera. Trátase do renacemento da natureza, que se repite todos os anos e do cal todos participamos . É a contraposición do tempo cíclico, que o home desexa vivir, en detrimento do tempo lineal. A festa dos Maios e logo a do San Xoán implican unha exaltación da vida con múltiples expresións: a vida dos homes, dos animais e das plantas co lume e a auga como principios.
BLANCO PRADO, J. M.: Ciclo do maio na provincia de Lugo