nº 14 (2018) REIGOSA CARREIRAS, Antonio: O pozo do claustro do Museo Provincial de Lugo e o ritual dos tres desexos
Artigo publicado en orixe no Boletín do Museo Provincial de Lugo, XV (2012-2018) ISSN:0212-8438 .
O pozo do claustro do Museo Provincial de Lugo, amais de ser unha pequena xoia arquitectónica, está vencellado ao pasado histórico do edificio conventual e a unha práctica ritual para pedir o cumprimento duns desexos. Describimos e analizamos este ritual, así como o significado simbólico dos elementos (auga, moedas) que interveñen nel.
O pozo do claustro do Museo Provincial de Lugo e o ritual dos tres desexos (PDF)