nº 14 (2018) BLANCO PRADO, J. Manuel: O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo (1985-2002)
© José Manuel Blanco Prado
Artigo publicado anteriormente en Anuario Brigantino, nº 39 (2016)
I. INICIOS DO ENTERRO DA SARDIÑA E O SEU DESENVOLVEMENTO EN GALICIA
Trátase da escenificación dun enterro cristián no que o finado é unha sardiña, que nos seus comezos era auténtica, mais logo co paso dos anos construiuse unha de gran tamaño en papel e cartón. A comitiva vai presidida polo crego -o Gran Espetón- que dirixe os cánticos ao longo da procesión; logo os acólitos, os sancristáns, os portaestandartes, as choronas, as autoridades e, finalmente, os acompañantes. A procesión adoita rematar nunha praza ou diante da Casa Consistorial, onde se len discursos, que entrañan burla, ironía, sarcasmo e crítica, e que están referidos na súa meirande parte aos problemas que ten a cidade ou vila. O enterro pode rematar nunha inhumación simbólica (Lugo), nunha incineración (Burela, Vilalba, Viveiro) ou nunha inmersión no río (Monforte de Lemos) ou no mar (Marín, Pontevedra). Este ritual do Entroido non naceu en Galicia, senón que …(seguir lendo)
BLANCO PRADO, J. Manuel: O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo (1985-2002)