REVISTA (ISSN 1887-2859)
CATEGORÍAS RELACIONADAS
nº 09 (2013).QUINTÍA PEREIRA, Rafael : Lendas e historias marabillosas da igrexa parroquial de Santa María de Lamas
©Rafael Quintía Pereira Revista electrónica de investigación Galicia Encantada /nº 9/ ano 2013 / ISSN 1887-2859. _____________________ Rafael Quintía descúbrenos neste artigo as interesantísimas historias que se contan sobre a igrexa de Santa María de Lamas, de Boqueixón (A Coruña). Desde o peculiar sistema construtivo da torre ou a custodia de prodixiosas reliquias como un anaco da cruz de Cristo e outro do vestido da Virxe María! E non acaban aquí as sorpresas: o esfarelamento do rostro da imaxe da Virxe, a orixe do Forno do Demo e outros sucedidos paranormais, atribuídos en moitos casos ao Demo en persoa. ____________________ Ás veces, cando un percorre os camiños desta terra nosa, unha simple visita a un lugar pode converterse nunha auténtica aventura cultural e nunha lección maxistral sobre cómo somos e como vemos o mundo os galegos. Iso foi o que me aconteceu a min un día de setembro cando decidín achegarme á parroquia de Santa María de Lamas, no concello coruñés de Boqueixón. A igrexa de Santa María de Lamas é unha desas igrexas rurais galegas que gardan fantásticos tesouros, e non falo de tesouros monetarios, nin de xoias, nin de ouro senón de tesouros etnográficos e antropolóxicos. De estilo barroco, o templo de Santa María de Lamas comezou a edificarse no século XVIII e sufriu numerosas remodelacións ata acada-lo aspecto que hoxe ten. No século XIX, levántase a fachada actual do edificio, en datas posteriores reformouse a capela maior, eleváronse as paredes orixinais e realizouse a obra da sancristía, polo que pouco se mantén do edificio orixinario levantado entre os anos 1716 e 1718. Ata aquí a historia arquitectónica da igrexa. Agora comeza a historia popular, a que a min realmente me importa por todo o que nos conta de nós mesmos… (seguir lendo)