Actualizado en data 06/12/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

O sorriso do pallaso ( 3 versións)

Versión 1.
Unha rapaza de Monforte ía de noite no seu coche pola estrada cara a Lugo. Nun punto do camiño veu vir de fronte un coche sen luces; entón quixo chamarlle a atención ao conductor e fíxolle intermitencias coas luces largas.
Pouco despois aquel coche, vese que deu a volta, púxose detrás do seu e botóuselle enriba ata que provocou que se saíse da estrada e que embarrancase na cuneta.
Os que ían no coche aquel violárona e logo preguntáronlle:
—Que prefires? Sorriso de pallaso ou gravata?
O sorriso de pallaso consite en que che fan un pequeno corte cunha navalla nos beizos e logo, cando berras ou choras váiseche agrandando. Hai quen di que botan zume de limóm ou sal na ferida para que escoza e doia máis; e que aos homes lles dan patadas nos testículos e ás mulleres no estómago para que berren.
A gravata consiste en que che fan un burato na gorxa e logo sácanche a lingua para fóra e queda coma se fose unha gravata.
Non se sabe o que escolleu a rapaza pero acabou moi magoada no hospital. Ou polo menos, iso é o que se di.
____________________________________________________________

Versión 2.
Sucedeu en Vilalba. Ían dúas mozas nun coche e cando a conductora lle deu as luces a un coche que as levaba apagadas, os do coche perseguíronas ata botalas fóra da estrada.
Cando se achegaron a elas, preguntáronlles:
—Que preferides? Violación, gravata ou sorriso de pallaso?
A unha das rapazas pareceulle gracioso o nome (non sabía de que se trataba) e dixo que prefería sorriso de pallaso. A outra elixiu violación.
A que escolleu sorriso de pallaso foi parar ao hospital; a que escolleu violación, en canto puido, chamou á policía e denunciou o que lles pasara.
____________________________________________________________

Versión 3.
Sucedeu na estrada entre Sarria e Monforte. Unha rapaza ía nun coche, cruzouse con outros dous que levaban as luces apagadas e fíxolles acenos coas luces largas do seu coche. Os dos coches sen luces trancáronlle o paso, fixéronlle baixar do coche e preguntáronlle:
—Prefires morrer ou ...?—dixéronlle unhas palabras que non entendeu.
Como morrer non lle apetecía, imitou o son das palabras que non entendera. E resultou que se trataba do sorriso do pallaso.
E ademais de facerlle os cortes nos beizos, violárona para que as fendas fosen agrandando cada vez que se queixaba.
Non se sabe de certo se estes criminais tamén lle fixeron cortes arredor dos ollos imitando a maquillaxe dos pallasos.

[Textos remitidos por Adela López López, Paula Álvarez García, Sofía González Díaz, Fátima Moya Ortega, Miguel Angel Fernández Río, Andrea Álvarez Arias, Estefanía Quiroga Somoza, Tomás Guillín Solano, Sergio López Moure e Javier Arias Folgal, alumnos/as de 3º de E.S.O. (curso 2005-2006) do I.E.S. Xograr Afonso Gómez, de Sarria (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Pode que algunha xente pense que isto é unha lenda, pero non o é.

Eu, cando tiña uns 14 anos, coñecín a dúas persoas ás que lle fixeron o que se chama aquí "Sorriso do Paiaso". Nós chamabámoslle "O sorriso do Joker".

Existiu un colectivo de xente en Vigo que llo fixo a catro persoas que nós saibamos... Poderían ter sido máis tranquilamente. Eu as vin, vin as marcas na boca dun coñecido daquelas e non eran moi pequenas precisamente. I é certo que lle dixero iso de "Sorriso ou morte".

Pode que nalgúns casos fose unha lenda, pero noutros a realidade superou á ficción.



Enviado por Cristina L.F. o 24/09/2008 ás 19:03:01


Enviar comentario a este artigo: