Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

A noiva pantasma da Costa de Oia

Ilustración de X. Manuel Segade Rivas

Unha noiva estaba esperando polo noivo na igrexa pero o noivo, polo visto cambiara de idea, non se presentou. Entón a noiva subíu a un coche e fuxiu sen que os invitados á voda fosen capaces de detela.
A noiva colleu a estrada de Baiona cara A Guarda e nunha curva moi perigosa, en Santa María de Oia, concello de Oia (Pontevedra), que non víu pois caía unha treboada moi forte e ademais as bágoas impedíanlle a visión, envorcou e morreu.
Dende entón se alguen pasa nunha noite de mal tempo polo cabo Silleiro pode ser que se tope coa pantasma da noiva no medio da estrada e que chama polo que pasa.
Segundo uns chama para avisar á xente que teña coidado na curva na que ela morreu; segundo outros o que realmente desexa é que o conductor se mate e así poder ter xunto dela a pantasma dun home como castigo polo que lle fixera o noivo en vida.
Sexa o que sexa, moito olliño con esa estrada; con noiva fantasma ou sen ela é moi perigosa.

[Texto elaborado a partir da información facilitada por Pedro Salgueiro Sexto, O Porriño (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu que recorde, como son una nena, non me lembro pasar por a curva unhas poucas veces, pero contaronme e oín falar dunha muller fantasma pero non sabía a lenda.
Graciñas.

Enviado por Marta ( a coruña) o 17/10/2009 ás 17:09:39


levo 33 anos pasando por esa curva, con sol, treboada, e cicloxenesis e non aparece ningunha noiva.

Enviado por fumi o 31/03/2010 ás 18:16:29


Enviar comentario a este artigo: