Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Curandeiros chineses descobren vermes nas moas e nos ollos

A nova publícaa a Gaceta de Galicia, nº 67, de 24 de marzo de 1912, baixo o título“Los curanderos chinos“. E pregúntanse cantos son e a que se dedican!

Non debeu ser esta, seguro, a primeira vez que se publicou algo sobre a presenza de acupuntores chineses en Galicia pero ten o seu interese ler como se advertía da súa presenza e que prácticas realizaban. Primeiro infórmase con detalle que no tren das catro da tarde do xoves, 21 de marzo de 1912, chegan a Santiago de Compostela 3 persoas que, a xulgar polas coletas, semellan chinesas; un home, unha muller e un mozo duns 15 anos.

Déixase caer que poden ser as mesmas persoas que foran expulsadas de Portugal días atrás, aínda que no mesmo parágrafo xa se pon en dúbida pois aquelas eran dúas mulleres e estes dous homes e unha muller. Para afirmar a continuación, iso si, que se dedican ao mesmo; eran curandeiros e exercían a profesión en Galicia, concretamente en Santiago, na Rúa Nova, Camiño Novo, Barreiras, Cornes e..., pois, aseguran, son as rúas  máis próximas á casa onde residen: Camiño Novo, 38.
Parece, coméntase, que curaban dores de moas.
A muller sacaba 
cunha agulla da dentadura  dos pacientes uns bechos que se parecen, segundo se di, aos vermes das cereixas. E tamén saca vermes coa mesma aparencia dos ollos.

Conclúe a redacción da nova recoñecendo que se ignora canto tempo botarán os chineses por Santiago pero se tardan en marchar, intúen, moitos dos veciños da cidade non terán dor de moas nin enfermidades nos ollos no resto das súas vidas.
A conclusión de quen redacta a noticia é indiscutible. Afirma que se nos barrios compostelás a xente cre en curandeiros para atender trancazos, paletillas e outros males, como no vai crer nos vermes das moas e dos ollos!

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: